
Os nosos servizos
Que ofrecemos?

LAVADO
Dispoñemos de tres lavadoras. Unha para 11kg, outra para 14gk e a última para 18kg. O prezo de cada lavado é de 5€, 7€ e 9€ respectivamente. As lavadoras dispoñen de diferentes tipos de lavados que duran aproximadamente media hora.
SECADO
Están á disposición dos nosos clientes dúas secadoras de 18kg cada unha. Poden secar a súa roupa dende 3 euros, coa posibilidade de aumentar o tempo de secado no caso de que fora necesario. O tempo mínimo establecido é de 18 minutos.

.jpeg)
PANTALÓNS DE CIGARRÓN
A Lavandeira tamén limpa e prepara pantalóns de cigarrón, o protagonista do Entroido de Verín.
Para máis información chamar ó 679922588.
LIMPEZA DE ALFOMBRAS
Se teñen alfombras na casa e non saben como lavalas ou non dispoñen dun espazo para facelo, en A Lavandeira facémolo por vostedes. Recollida e entrega de alfombras por un prezo moi económico.
Para máis información chamar ó 679922588.


PLANCHA
Se algún usuario necesita servizo de planchado, en A Lavandeira encargámonos nós desta tarefa.
Para máis información chamar ó 679922588.
SERVIZO A DOMICILIO
En A Lavandeira tamén nos comprometemos en ir a buscar a roupa, realizar o estimado polo cliente e levarlla de volta a casa.
Para máis información chamar ó 679922588.


CAIXA DE CAMBIOS
No establecemento poden atopar unha caixa de cambios por se non foron coas moedas suficientes para realizar o lavado e secado. As máquinas só aceptan moedas de 50cts e de 1€, polo que a caixa de cambios converte os seus billetes de 5€, 10€ e 20€ en moedas ó momento.
OUTROS
En A Lavandeira tamén dispoñemos de zona WiFi, baño, zona de xogos para os máis cativos, e unha zona de lectura, no que animamos ós nosos clientes a trocar os libros.


Preguntas frecuentes
Estamos aquí para axudar
Necesito levar deterxente e suavizante?
Non. As máquinas son automáticas e inclúen a dose necesaria de todos os produtos: xabón, suavizante e hixienizante.
Que teño que facer para lavar?
Empregar as lavadoras é moi sinxelo: introducir a roupa e cerrar ben a porta. A continuación, na pantalla táctil que ten a lavadora hai que seleccionar o programa desexado para o lavado.
Que é o hixienizante?
É un produto de última xeración a base de osíxeno activo a través do cal se garantiza a desinfección das prendas e das máquinas con cada lavado
Teño que esperar no local a que remate o lavado?
Non é necesario. As máquinas indican o tempo que durará o lavado, e mentres funcionan non se poden abrir as portas das lavadoras. Porén, debe estar atento.
Ademais, dispoñemos de cámaras de seguridade funcionando as 24 horas do día.
Por que a roupa secada nas máquinas se plancha máis facilmente que nas secadoras de casa?
O secado da roupa nas nosas máuqinas realízase por condensación, non por aireación. O que significa que as secadoras de A Lavandeira extraen a humidade das prendas, secándose progresivamente. Isto evita a aparición de sequedade superficial na prenda, co que non aparecen engurras nin pliegues.